ATLETISMO
Sociedade Atlética do Trega (Tomiño): 6 participantes, 6 medallas
• En Lourenzá, na VIII Milla Popular de Lourenzá – XVI Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 km en Roteiro
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Lourenzá volveu converterse o pasado sábado nunha cita imprescindible para o atletismo galego, coa celebración da súa VIII Milla Popular e o XVI Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 km en Roteiro.
A Sociedade Atlética do Trega non faltou a esta cita que xa forma parte do noso calendario habitual, e unha vez máis, a viaxe mereceu a pena: seis atletas en liña de saída…, e seis medallas de regreso a casa. Un pleno que nos enche de orgullo e que reflicte o esforzo colectivo, a ilusión dos nosos deportistas e o compromiso do club.
Categoría absoluta
Belén Bascoy Cao
Milla feminina – 6'09"
1ª Máster 40 - 12ª na categoría absoluta.
Categorías menores con 1km de percorrido
Sub14 – Alba Vasconcellos Rodríguez
Tempo: 3'27"
3ª clasificada
Sub14 – Sergio Silva Souto
Tempo: 3'03"
1º clasificado
Sub12 – Nadia Conejo Bascoy
Tempo: 3'32"
1ª clasificada
Sub10 – Gabriela López Cadilla
Tempo: 3'49"
2ª clasificada
Sub8 – Ainoa Conejo Bascoy
2ª clasificada
Desde a Sociedade Atlética do Trega queremos felicitar aos nosos atletas pola súa actitude e resultados, e agradecer tamén ás familias, e a todas as persoas que fan posible que sigamos gozando do camiño, carreira a carreira.
Seguimos crecendo, aprendendo e compartindo experiencias que nos unen dentro e fóra da pista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario