Gardacostas comisa 500 cacharros de polbo ao oeste das Illas Orelludas con 42 quilos desta especie
Infogauda / Oia
O servizo de Gardacostas de Galicia continúa realizando tarefas de vixilancia contra o furtivismo e o calado de artes prohibidas na costa galega. Como resultado destes traballos as patrulleiras Valentín Paz de Andrade e Punta da Guía comisaron ao oeste das illas Orelludas, fronte ao concello pontevedrés de Oia, 500 cacharros de polbo, dous dos cales foron liberados ao mar por ter polbo ovado. Ademais, no interior atoparon 42 quilos desta especie que foi devolto ao mar. Os axentes non puideron identificar aos autores desta infracción.
Desde a Consellería do Mar continúase traballando na detección destes aparellos irregulares e na súa retirada que poñen en risco a conservación deste prezado produto pesqueiro. Así, a través dos medios marítimos adscritos ao servizo de Gardacostas realízanse rastrexados por todo litoral na procura de aparellos de pesca non autorizados, que incumpren a normativa vixente e que non respectan os períodos de descanso e vedas establecidos para a explotación sostible dos recursos mariños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario