13 de mar. de 2025

TOMIÑO

A unidade móbil de inspección técnica para ciclomotores estará en Tomiño os días 7 e 8 de abril 

 O terreiro de san Bieito será o lugar donde se efectúen as revisións en horario de mañá e tarde

 


Infogauda / Tomiño

 Unha unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Tomiño os vindeiros días 7 e 8 de abril, en horario de mañá e tarde.   

 Como vén sendo habitual, a unidade situarase no terreiro de san Bieito entre as 09.00 e as 13.30h e, pola tarde, de 15.15 a 18.00h.  

 As citas poden solicitarse chamando ao teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario