A Federación Galega de Motonáutica impartirá no Rosal un novo curso para obter a licencia de navegación
• As persoas interesadas poderán inscribirse enviando un correo a rfg.motonautica@gmail.com ou chamando ao 986 222 440
Infogauda / O Rosal
A Real Federación Galega de Motonáutica en colaboración co Concello do Rosal e co Club Náutico Inclusivo Baixo Miño impartirá un novo curso para obter a licencia de navegación, a titulación que permite gobernar motos náuticas sen limitación de potencia e embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia de motor axeitada segundo a empresa fabricante.
O curso consistirá nunha parte teórica que se impartirá en instalacións municipais e noutra prácticas que se desenvolverá no río Miño pola zona do Rosal e que contará cunha embarcación adaptada para aquelas persoas inscritas con mobilidade reducida. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información e inscribirse enviando un correo electrónico a rfg.motonautica@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 222 440.
O Club Náutico Inclusivo Baixo Miño é una asociación nacida en 2022 para achegar, facer accesible e iniciar ás persoas con discapacidade nos deportes náuticos como actividade de lecer, preparalas para a obtención de titulacións e animalas a practicar deporte adaptado federado de competición. O club imparte cursos de formación, organiza diferentes eventos deportivos e participa en programas de sensibilización para a mellora da accesibilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario