O Concello de A Guarda abrirá o prazo pras inscricións para o Desfile de Entroido 2025
• Do 18 ao 25 de febreiro
Infogauda / A Guarda
A Guarda celebrará o seu Desfile de Entroido 2025, o venres día 7 de marzo, ás 20:30 horas. O desfile dará comezo na rúa Porto Rico (Esquina Famosa) e seguirá pola rúa Galicia ata chegar á rúa Rosalía de Castro (Alameda). En caso de chuvia, proporase unha nova data para a celebración do desfile.
Aquelas persoas, grupos, comparsas ou carrozas que queiran participar, poden apuntarse a través do Rexistro ou da sede electrónica, cumprindo cos requisitos que se establecen nas bases publicadas na web e na sede electrónica. O prazo de inscrición estará aberto do 18 ao 25 de febreiro.
Desde o Concello de A Guarda propoñen: "Ide preparando os vosos mellores disfraces, porque a semana que vén coñeceremos toda a programación para o Entroido!"!
Ningún comentario:
Publicar un comentario