BALONMÁN FEMININO
Colaboracións Minicopa
Club Balonmán Atlético Guardés / A Guarda
O Club Balonmán Atlético Guardés está a desenvolver as seguintes accións para financiar a participación do noso equipo cadete na vindeira Minicopa, competición de base paralela á Copa de la Reina que se celebrará entre o 14 e o 16 de marzo en Granollers. Invitamos a todos os nosos socios, socias e familiares de xogadoras a participar dalgúns dos seguintes xeitos:
- Sorteo de 16 camisetas asinadas polas xogadoras cadetes e de División de Honra Feminina. Hai 100 números dispoñibles por 2 euros a participación.
- Participación nos vindeiros bingos sociais a celebrar no pavillón da Sangriña, coa oportunidade de obter premios a cargo de comercios locais colaboradores. O primeiro deles será este domingo 16 de febreiro ás 16.30 horas.
- Recepción de doazóns na conta bancaria do club: ES60 2080 5427 7130 4010 5936 (ABANCA). Concepto: Donativo Minicopa de SM La Reina 2025.
Proximamente informaremos de novos xeitos de colaborar na participación do Guardés na competición, como a adquisición de artigos de comercialización oficial da Copa e de novos produtos especiais á venda. Recordamos igualmente que ata o 28 de febreiro pódese reservar unha praza no autobús da afección para acompañar ao equipo a Granollers (190€/persoa). Para calquera destas xestións ou dúbida contactar coas canles oficiais do equipo ou co WhatsApp 669 630 610.
Ningún comentario:
Publicar un comentario