14 de feb. de 2025

A GUARDA

O Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega reabre súas portas ao público  

 Desde este sábado, día 15 de febreiro 


Vista do poboado Calvo, no Monte Santa Trega, un enclave de inigualables panorámicas
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda 

 A partir do 15 de febreiro volve a abrir o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega  (MASAT), que permitirá aos visitantes comprender a importancia deste xacemento arqueolóxico grazas a exposición dunha selección de pezas atopadas nas diferentes escavacións.   

 A longo do ano o horario do MASAT modificarase para atender aos visitantes de martes a domingo. Durante o 2024, unhas 40.000 persoas visitaron o Museo.  




 A novidade deste ano é o lanzamento do proxecto de visitas virtuais que permitirán coñecer mellor o Monte Santa Trega e outros espazos de interese na vila de A Guarda. Esta iniciativa financiouse cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia.  

 Aquelas persoas que visiten o Monte Santa Trega poden empregar esta ferramenta que permite realizar unha visita 360º do monte e ampliar a información coas audioguías. Ademais tamén está dispoñible a recreación virtual dunha unidade familiar do castro, que transportará ao visitante a finais do século I a. C.   

 Esta nova ferramenta dixital está dispoñible na web turismoaguarda.es ou directamente no QR de ligazón do percorrido virtual Castro Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario