25 de feb. de 2025

A GUARDA

A partir do martes 4 de marzo, pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI)



Infogauda / A Guarda  

 O vindeiro martes día 4 de marzo, pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI). A solicitude pódese facer de forma presencial, no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao teléfono  986 61 00 00. 

 É obrigatorio ter cita previa para poder renovar o DNI o próximo mércores 12 de marzo.  

 Finalmente, o venres 14 de marzo será o día de recollida do DNI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario