O alcalde de A Guarda mostra o seu apoio ao sector do taxi
• Ante o aumento desorbitado dos importes das primas das súas pólizas de seguro
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, vén de facer público un manifesto mediante o cal transmite o seu “apoio ao sector do taxi, que está a sufrir unha suba desorbitada das súas pólizas de seguro”.
De o goberno municipal indican que “o manifesto é resultado de escoitas as demandas e preocupación dos taxistas de A Guarda. Ademais, é unha invitación a que o resto de alcaldes e alcaldesas mostren tamén o seu apoio ao sector e taxistas dos seus concellos”.
No escrito reclámase a supervisión destas pólizas por parte da Dirección Xeral de Seguros, así como máis transparencia ás compañías aseguradoras ante a suba de primas, entre outras reclamacións.
Finalmente, este escrito será elevado á Dirección Xeral do Seguro e Fondo de Pensións, dependente da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, adscrita ao Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.
O contido do devandito manifesto é o seguinte:
MANIFESTO DO ALCALDE DA GUARDA EN APOIO AO SECTOR DO TAXI POLO AUMENTO DESORBITADO DAS PÓLIZAS DE SEGURO
Roberto José Álvarez Carrero, Alcalde de A Guarda, emite o seguinte manifesto:
“O taxi é un servizo de interese público ou xeneral que, dada a natureza da súa actividade, ha de garantir un servizo de calidade para todos os usuarios, non discriminatorio e cunha cobertura de prestación suficiente en todo o territorio.
O devandito carácter de interese público debería estar apoiado por todas as administracións e, por suposto, como non podía ser menos, polas administracións máis próximas e humildes como son os concellos pequenos que, ou ben non dispoñen doutros transportes públicos urbanos, ou os que posúen no municipio resultan escasos.
Así, como Alcalde de A Guarda, e ante as mobilizacións efectuadas polas diferentes Asociacións do Taxi para denunciar o encarecemento desorbitado das pólizas de seguros para taxistas, e despois que a maior parte do sector do taxi de A Guarda, nominalmente: Jorge Martínez Lomba, Sergio Alonso Treinta, Miguel González González, María del Carmen dos Santos Suárez, Antonio Jesús Peniza González, Joaquín Alonso González e Roberto Bonnín Cifre, expresásennos a súa alarma e preocupación por este tema, onde nalgúns casos chegaron ata a desproporcionada cifra dos 12.000 euros por seguro anual, realizo o seguinte MANIFESTO:
1º.- EXPRESAMOS PÚBLICAMENTE A NOSA SOLIDARIEDADE COS TAXISTAS DE A GUARDA, ADEMAIS DE CON TODO O SECTOR DO TAXI DE GALICIA E ESPAÑA.
2º.- SOLICITAMOS UNHA REVISIÓN URXENTE POR PARTE DOS RESPONSABLES DAS COMPAÑÍAS ASEGURADORAS DOS SEGUROS E PÓLIZAS APLICABLES A ESTES VEHÍCULOS.
3º.- SOLICITAMOS A EXCLUSIÓN DOS TAXIS DAS PRIMAS POR SINISTRALIDADE QUE SE APLICAN A OUTROS TRANSPORTES URBANOS COMO Os VEHÍCULOS DE TRANSPORTE CON CONDUTOR (VTC).
4º.- DEMANDAMOS A SUPERVISIÓN DESTA SITUACIÓN EXPOSTA POR PARTE DA DIRECCIÓN XERAL DE SEGUROS DAS PÓLIZAS APLICABLES AO TAXI.
5º.- RECLAMAMOS UNHA MAIOR TRANSPARENCIA DAS COMPAÑÍAS ASEGURADORAS ANTE O INCREMENTO INXUSTIFICADO DAS PRIMAS APLICABLES AO TAXI.
6º.- RECLAMAMOS UNHA REFORMA URXENTE PARA GARANTIR O ACCESO DESTE SERVIZO AO CONSORCIO DE COMPENSACIÓN DE SEGUROS.
Este manifesto, asinado polo Alcalde de A Guarda e os taxistas de A Guarda agora suscribientes, é tamén unha invitación ao resto de Alcaldes/as para que mostren o seu apoio expreso ao sector e taxistas do seu municipio para lograr unha fronte común para lograr as reivindicacións vertidas neste documento.
Finalmente, este escrito será elevado á Dirección Xeral do Seguro e Fondo de Pensións, dependente da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, adscrita ao Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.
E, para que conste, asinamos na Guarda, ao 24 de febreiro de 2025”.
Roberto José Álvarez Carrero, Alcalde de A Guarda
Jorge Martínez Lomba, Sergio Alonso Treinta, Miguel González González, Mª del Carmen dos Santos Suárez, Antonio Jesús Peniza González, Joaquín Alonso González e Roberto Bonnín Cifre, taxistas de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario