4 de nov. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

OS IRMÁNS SIERPES RENOVAN CONTRATO CO SPORT LISBOA E BENFICA

Para a tempada 2025


Álex e Christian Sierpes Pereira coa equipación do Sport Lisboa e Benfica

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Os exitosos Christian e Álex Sierpes Pereira, atletas do Baixo Miño, recoñecidos actualmente no foro atlético de medio fondo con marca de orixe denominada Saga Sierpes, renovan contrato co Sport Lisboa e Benfica para a tempada 2025. 

 Os talentosos e múltiples medallistas en diferentes probas e campionatos, volverán defender as cores do mellor club de atletismo de Portugal, tras estampar a súa firma un ano máis para empezar o calendario invernal. 

 A primeira intervención farano o vindeiro día 10 deste mes, en Guimarães, no I Cros dos Conquistadores, no que paralelamente se disputará o Campionato Rexional do Norte de Curta-Matogueira longo, no circuíto do parque de Lazer da cidade deportiva. 

 O día 24 de novembro farán a segunda intervención no 101 Campionato de Portugal de Curta-Matogueira longo, que se disputará no mesmo sitio, pero unha semana antes, o día 17, deberán afrontar o Campionato de España de Clubs, que este ano se albergará no Cros de Itálica (Sevilla). 

 Felicidades e moita sorte nos vosos compromisos deportivos.

 Orgullosos dos nosos atletas que sigan crecendo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario