ATLETISMO
Álex Sierpes Pereira, completa o póker de pódiums no LXX Cros Internacional de Zornotza
• Logrando o 2º posto da categoría Sub18
Sociedade Atlético do Trega / Redacción Deportes
O LXX Cros Internacional de Zornotza abriu o pano de cros esta tempada. Esta proba, considerada categoría ouro no circuíto ADOC (Asociación de Organizadores de Campo a Través e Carreiras en Roteiro) que consta de 28 probas a nivel mundial, das cales, 12 delas, son en territorio español, onde se poden ver as mellores figuras mundiais do momento.
O atleta guardés Álex Sierpes Pereira, tivo que percorrer unha distancia de 4.700 metros sobre a alfombra verde natural das campas do circuito permanente de Jauregibarría (Amorebieta), carreira que unía ás categorías Sub´18 e Sub´20 masculinas. En todos os compases da carreira o noso atleta estivo na parte dianteira, cedendo tan so ao final ante un Sub20 e un Sub18, cuns rexistros de 14:44 (Jofre Roca Rosa, do club Avinent Manresa); 14:52 (Alejandro Domingo Mateo, do Sporting Segovia Innopor); e 15:03 (Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega), respectivamente. Iso no que respecta a clasificación conxunta das dúas categorías - Sub20 e un Sub18 - ainda que na categoría Sub18, o 1º posto foi para Alejandro Domingo Mateo e o 2º posto para Álex Sierpes Pereira. Dese xeito, despois de 6 anos o atleta de A Guarda deixa de ser invicto, con 17 vitorias no seu palmarés nos crosses nacionais e internacionais.
NACIONAIS:
Cantimpalos (ouros en 2018 e 2021); Sonseca (ouro en 2021); Ponte romana (ouros en 2019 e 2023).
INTERNACIONAIS:
Atapuerca (Ouros en 2018, 2019, 2021 e 2023); Venta de Baños (Ouro en 2019); Juan Muguerza (Ouro en 2020): Soria (Ouro en 2021); Alcobendas (Ouro en 2021); Valladolid (Ouro en 2023), e en Zornotza (ouros en 2020, 2021 e 2023; en prata en 2024).
Desde a entidade dámoslle o parabén polo seu resultado porque é máis que bo, cando foi valente, por loitar contra atletas tres anos maiores que el.
Desexámoslle unha boa nova tempada coas mesmas ganas e constancia, porque manterá a mesma categoría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario