MOSTRA FILATÉLICA EXFIMIÑO 2019
Do 5 ao 13 de outubro, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
Organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, a mostra filatélica EXFIMIÑO 2019, na súa XXIII edición estará dedicada este ano ao edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda, inmoble que desde fai anos alberga o Centro Cultural da vila.
Esta mostra filatélica terá lugar do 5 ao 13 de outubro, na Sala de Exposicións do Centro Cultural, sendo os días 7, 8, 9 e 10 as visitas guiadas pola exposición para escolares e público en xeral.
O programa de actos da EXFIMIÑO 2019 comezará o sábado día 5 de outubro as 11:00 horas coa apertura da exposición.
O día 6 ás 12:00 horas presentación do selo personalizado, dedicado ao edificio do actual Centro Cultural da vila.
O día 11 ás 20:00 horas instalación dunha estafeta temporal de Correos e ás 20:30 horas inauguración con recepción de autoridades y presentación do cuño oficial da mostra e posta en circulación do sobre conmemorativo.
A mostra contará como ven sendo habitual, con coleccións de distintos lugares de Galicia, expostas en distintas modalidades filatélicas (tradicional, temática un cadro, clase aberta,...) e tamén haberá algunha colección de numismática.
Na inauguración contarase coa intervención do historiador local Joaquín Miguel Villa Álvarez, que disertará sobre a historia do edificio do Hospital Casa Asilo de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario