A música de Tino Baz e o humor de Fredi Crujer poñen a nota cultural do mes de xaneiro en Tomiño
Infogauda / Tomiño
A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal organiza no mes de xaneiro un concerto do músico e compositor guardés Tino Baz, que terá lugar o vindeiro día 30 de xaneiro ás 21.00 horas no Auditorio Municipal de Goián.
Tino Baz é cantautor e músico de longa traxectoria en grupos como A Roda ou o Orfeón Treixadura. O seu espectáculo mestura música, voz e poesía cun estilo moi particular que afunde as súas raíces no cancioneiro tradicional galego.
O día 23 de xaneiro terá lugar un concerto de Sandra Martínez e actuación de Fredi Crujer, co seu espectáculo humorístico. Será tamén no auditorio a partir das 20 horas. Este humorista deuse a coñecer no programa LUAR da TVG no ano 2002 e a partir de entón visitou os platós de distintas cadeas de televisión e radio dentro e fora de Galiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario