15 de xan. de 2010

OURENSE

500 NOVOS UNIVERSITARIOS PODERÁN TER UNHA EXPERIENCIA LABORAL INTERNACIONAL COAS BECAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE


Este é o obxectivo a cinco anos que se marca a institución provincial no seu Programa Europeo de Becas Internacionais. José Luis Baltar participou hoxe no acto de presentación dos 50 novos titulados que iniciarán as súas prácticas europeas. En febreiro haberá unha nova convocatoria.
Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, participou hoxe na Aula de Cultura do Liceo na xornada de presentación do Programa Europeo de Becas Internacionais que desenvolve a Deputación de Ourense, e que permitirá nesta edición que 50 novos titulados universitarios de Ourense poidan realizar prácticas en empresas europeas ao longo deste ano 2010.Os beneficiarios do Programa Europeo de Becas Internacionais da Deputación de Ourense partirán a partir da próxima semana aos diferentes países europeos para desenvolver unha experiencia laboral en diferentes sectores económicos adaptados ás súas titulacións. Neste senso, hoxe tivo lugar unha reunión de traballo para explicarlles aos mozos e mozas todas cómo se vai a desenvolver a súa etapa laboral en Europa, e tamén expuxéronse experiencias doutros universitarios que en anos anteriores participaron neste programa de becas traballando en países europeos.O presidente da Deputación fixo un balance do Programa iniciado en 2008 e comentou as novas orientacións do Programa de Becas 2010, cualificando aos beneficiarios como “os embaixadores de Ourense en Europa”, e animándoos a aproveitar ao máximo “esta experiencia que será moi enriquecedora, tanto no ámbito profesional e laboral como no eido social”.José Luis Baltar dixo que a Deputación de Ourense fixouse un obxectivo a cinco anos: “Dar a posibilidade a 500 titulados universitarios de participar nunha iniciativa que lles permita ter unha experiencia laboral internacional e mellorar o seu coñecemento de idiomas”. Ata o momento, máis de 150 titulados tiveron oportunidade de participar no programa, “e para seguir con esta estratexia, no primeiro trimestre deste ano convocaremos 35 novas prazas, que serán 100 no conxunto do ano 2010”, explicou Baltar.O presidente provincial destacou a evolución positiva do número de titulados que se interesan polo programa de becas, pois na última convocatoria presentáronse máis de 200 solicitudes. José Luis Baltar dixo que o que mellor reflicte o traballo ben feito “é escoitar as experiencias dos mozos e mozas que xa tiveron a oportunidade de participar neste programa, e se a axenda mo permite, gustaríame neste ano 2010 desprazarme a algunha das cidades europeas nas que desenvolvemos esta iniciativa para coñecer en profundidade e in situ o voso traballo e a vosa experiencia profesional”.Con este proxecto, a Deputación de Ourense aposta firmemente pola aprendizaxe de linguas estranxeiras, pola adquisición de novas competencias, pola cualificación, pola mellora do emprego e polo coñecemento de outras culturas e outras formas de traballar. “Trátase, en definitiva, por investir na maior riqueza que temos: a xuventude, porque investindo nela, investimos en Ourense”, afirmou José Luis Baltar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario