A Conselleira do Mar apela á acción conxunta e coordinada das administracións para combater o problema da piratería en Somalia
Infogauda / Galicia
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou na inauguración das xornadas sobre “La persecución de los actos de piratería en las costas somalís”.
Rosa Quintana considera necesario definir un marco xurídico estatal e internacional que atenda esta problemática e que permita dar maior forza ao aparato xudicial e de defensa na súa loita contra os piratas.
A conselleira reiterou a súa demanda da posibilidade de embarque dos membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na busca de maior seguridade operativa e xurídica.

A Xunta achega preto dunha tonelada de material sanitario para os damnificados polo terremoto de Haití
A Fundación Axencia Humanitaria de Galicia enviará material sanitario do Fondo de Emerxencias creado en colaboración coa ONG Farmamundi.
O Goberno galego tamén colaborará con Cruz Vermella para poñer en marcha unha planta de subministro de auga no país caribeño.
Ler máis.A Fundación Axencia Humanitaria de Galicia enviará material sanitario do Fondo de Emerxencias creado en colaboración coa ONG Farmamundi.
O Goberno galego tamén colaborará con Cruz Vermella para poñer en marcha unha planta de subministro de auga no país caribeño.
Nos hospitais do Servizo galego de Saúde realizáronse no pasado ano 272 transplantes de órganos
Dos transplantes realizados, 21 foron de corazón, 40 de pulmón, 78 de fígado, 127 de ril e seis de páncreas.
Os transplantes combinados foron nove: un cardio-renal; tres hepato-renais e cinco de páncreas-ril.
En 2009 se alcanzaron os 22 transplantes de médula ósea non emparentados, unha cifra moi superior á do ano anterior, cando se fixeran sete.
No último ano recibíronse na Oficina de Coordinación de Transplantes 6.600 novos carnés, o que fai xa un total de preto de 73.000 tarxetas de doadores.

Roberto Varela presenta no CGAC ‘Sur le dandysme aujourd´hui’ como unha retrospectiva do dandismo que “regala suxestións e ideas que van máis alá do contexto artístico”
· O conselleiro de Cultura e Turismo observando unha obra da exposición
Fotografía: Conchi Paz
Para o conselleiro a obra “interpreta o presente artístico, cultural e mediático dende unha clave histórica valéndose das obras dalgúns grandes artistas contemporáneos”.
Roberto Varela considerou o deber do CGAC de “asumir a pluralidade da arte actual como para facer do centro un referente cultural para todos os galegos”.A exposición mostra cómo moitos dos conceptos e estratexias desenroladas polos dandis decimonónicos poden atoparse na arte contemporánea.

A totalidade dos concellos con servizos lingüísticos reciben axuda económica de Política Lingüística para fomentar o galego
O departamento que dirixe Anxo Lorenzo achegoulles máis de 600.000 euros ás entidades locais que solicitaron estas axudas e que xustificaron a realización de actividades en materia de normalización lingüística.
Este ano, a secretaría xeral porá en marcha a primeira Rede de dinamización lingüística local, un ambicioso proxecto destinado a potenciar a dinamización da lingua galega no ámbito local de xeito coordinado e planificado.

Medio Ambiente solicita ao concello de Pontevedra que cumpra as superficies mínimas de equipamentos públicos, fixados na recualificación dos terreos de Tafisa
A parcela destinada a equipamentos reduce en 1.229 m2 a maior superficie mínima legal.
A reordenación do ámbito de Tafisa busca a materialización do proxecto gañador do concurso para a Facultade de Belas Artes.
A modificación fundaméntase en razóns de interese xeral, como a mellora da ordenación, da articulación de espazos libres públicos ou o volume construído.
Ningún comentario:
Publicar un comentario