A fonte do Parque do Monte Torroso permanecerá pechada ao público os días 3 e 4 de outubro
A fonte situada no Parque do Monte Torroso, en Salcidos, permanecerá pechada ao público os vindeiros días 3 e 4 de outubro, segundo informou a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos.
A medida responde a motivos loxísticos, polo que durante esas dúas xornadas non será posible facer uso da instalación.
A Comunidade de Montes trasladou este aviso á veciñanza e ás persoas usuarias do parque co obxectivo de informar con antelación das limitacións de acceso á fonte.
A instalación recuperará o seu funcionamento habitual unha vez rematada as actuacións previstas esta fin de semana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario