Mobilización das persoas traballadoras da empresa Iberconsa
• Este xoves, 2 de xullo de 2026, de 12:00 a 13:00 horas diante da empresa Frigalsa en Teis (baixada á Rotea s/nº - A Riouxa)
Infogauda/Vigo
A FGAMT-CIG de Vigo convoca unha nova mobilización para reclamar un pacto de empresa en Iberconsa -compañía con sede en Vigo dedicada á elaboración e distribución de produtos conxelados do mar- que mellore as condicións laborais por riba do establecido no convenio estatal.
Tras a concentración celebrada o pasado 8 de xuño no peirao de Bouzas, nesta ocasión as protestas trasládanse ás instalacións da compañía Frigalsa, pertencente aos mesmo grupo empresarial.
Dende a central sindical denuncian que dende entón non houbo ningún achegamento por parte da dirección, que se nega a negociar as propostas achegadas pola parte social e se remite ao contido do marco estatal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario