A Guarda contou con representación no Desfile de San Patricio de Madrid, 2026
• Acudiron máis de 60 integrantes entre o Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, e a Treboada Arroutada
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Guarda contou con representación no gran Desfile de San Patricio de Madrid 2026. O Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, dirixido por Eduardo Rodríguez Sobrino, participou por segundo ano consecutivo no devandito desfile, acompañados por compoñentes da Treboada Arroutada.
Un total de 47 membros do Grupo do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda e 17 membros da Treboada Arroutada acudiron ao desfile, no cal participaron un total de 1.300 persoas en 40 grupos, e calcúlase que contou cun público dunhas 200.000 persoas nas rúas da capital.
O Grupo do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda xunto coa Treboada Arroutada, foron os únicos grupos participantes da provincia de Pontevedra, o que supón un orgullo para o Concello da Guarda, ao mesmo tempo que unha gran promoción da cultura e do patrimonio da Guarda.
Ligazón á reportaxe do Desfile de San Patricio, en Madrid, 2026.
Nota da Redacción de Infogauda: O Grupo do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda xunto coa Treboada Arroutada, poden ollarse no vídeo, desde o minuto 57:31.
.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario