O Concello de A Guarda organiza uns obradoiros para entender a factura da luz
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda organiza uns obradoiros para comprender a factura da luz e saber que se está pagando exactamente.
As persoas participantes poderán traer a súa propia factura para traballar sobre ela paso a paso e comprendela. Os obradoiros contan con prazas reducidas de ata 15 persoas por sesión, tendo as tres sesións que se ofertan o mesmo contido didáctico.
As persoas interesadas teñen dispoñibles tres datas: o martes 24 de marzo ás 11:30h, o mércores 8 de abril ás 17:30h ou o martes 14 de abril ás 19:30h.
A inscrición previa xa está aberta en Servizos Sociais do Concello da Guarda (3ª planta) ou no teléfono 986 61 45 07.

Ningún comentario:
Publicar un comentario