30 de xan. de 2026

PONTEVEDRA

Resposta da CIG-Industria ao comunicado de patronal do metal de Pontevedra suspendendo a negociación do convenio 

CIG-Industria / Pontevedra

 Dende a CIG-Industria queremos facer pública a nosa opinión ao respecto do comunicado feito pola parte representante da patronal do convenio do metal na provincia de Pontevedra no que anuncian a sua decisión de non acudir á reunión axendada e acordada entre as partes para este luns 2 de febreiro.

 No último parágrafo da sua comunicación alegan que <<La parte empresarial reitera su voluntad de negociación, siempre que ésta se lleve a cabo dentro de los cauces legales y con el respeto debido a todas las partes implicadas>>. Polo que se mentes a eles mesmos: a mobilización á que aluden foi comunicada e cumpre todos os requisitos legais. 

 É a patronal que é refen dos seus actos. A concentración (allea á negociación do convenio do metal) está convocada polas persoas traballadoras afectadas polo convenio do comercio do metal, vencido o 31 decembro 2024. O persoal do convenio do metal de Pontevedra non vai consentir que lle suceda o mesmo.  

 A patronal comprometérase a traer á que sería a terceira reunión as súas propostas en resposta á nosa plataforma do convenio que lle entregamos na primeira xuntanza. É a segunda vez que pola banda do empresariado se modifican datas; na anterior ocasión foi por un problema de axenda, cando o calendario fora xa marcado e axendado por todas as partes. 

 Dende a CIG-Industria denunciamos publicamente esta decisión como unha estratexia da patronal para bloquear a negociación do convenio. 

 Non entendemos como poden pretender empregar unha escusa tan burda para impedir que as traballadoras e as empresas teñan canto antes un acordo de convenio, cando eles mesmos na primeira xuntanza expresaron o seu desexo de pactar canto antes. 

 En todo caso manifestamos a nosa decisión firme de que retomen as negocicións inmediatamente; dende esta parte non admitiremos demoras inxustificadas para conseguir un convenio que satisfaga a todas as persoas traballadoras do metal en Pontevedra. 

Principais popostas da CIG 

 A central aposta no convenio por ampliar a compensación económica das quendas de Nadal e Fin de Ano, tanto en xornadas de cobertura como na contía da gratificación e rexeita a proposta de cláusula de garantía salarial porque suporía atrasar a compensación do IPC até 2031 e consolidar unha perda de poder adquisitivo durante anos. 

 A CIG defende incrementos do 8% anual, imprescindibles para frear o empobrecemento do sector,  fronte ao 16% en 4 anos que ofrece a patronal. 

 Ao mesmo tempo, insiste en centrar a negociación no esencial: redución da xornada a 35 horas semanais e dúas fins de semana libres ao mes; incrementos salariais dignos; IT ao 100% en todos os casos; melloras en permisos, licenzas e conciliación; garantir a xubilación parcial; seguridade laboral, formación e EPI adecuados; plus de transporte e vestimenta en 15 pagas; equiparación á alza do plus de perigosidade; incrementar a nocturnidade e festividade ao 25% do valor de hora ordinaria; e creación de novos pluses, estabilidade laboral e calendarios equitativos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario