30 de xan. de 2026

ECONOMÍA

A CIG aposta por un convenio de produtos elaborados do mar con subas salariais dignas e melloras de tipo social 

Advírtelle a CCOO e UGT que non vai facer parte de “farsas” para negociar só incrementos de soldos “que ademais son totalemente insuficientes” 


Infogauda / Galiza 

 A CIG aposta por un convenio colectivo do sector de produtos elaborados do mar que contemple suba salariais dignas e melloras de tipo social, polo que lle advirte a CCOO e UGT que non vai facer parte de “farsas” para negociar só incrementos de soldos “que ademais son totalemente insuficientes”. 

 Na central explican que as negociacións do convenio, que caducou o 31 de decembro de 2024, comezaron en febreiro do ano pasado. No mes de xuño a patronal ofreceu unha suba salarial do 4% -sen entrar a negociar ningunha outra cuestión-, que as centrais estatais aceptaron e que foi aplicada.  

 Agora, cando se veñen de retomar as conversas, o empresariado ddá por pechado o ano 2025 e opta por negociar unicamente a partir de 2026, propoñendo un convenio a catro anos (2026-2029). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario