21 de xan. de 2026

GALIZA

O Colectivo de persoas xubiladas da CIG mobilizarase para reclamar a revalorización das pensións polo IPC real 

 Convocan concentracións este xoves, día 22, nas sete cidades 


O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG arrincará este xoves o calendario de mobilizacións deste 2026
Foto: CIG

Infogauda / Santiago de Compostela 

 O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG arrincará o calendario de mobilizacións deste 2026 reclamando unhas pensións públicas e dignas e a súa revalorización, por lei, conforme ao IPC interanual.  

 Este xoves, 22 de xaneiro, o colectivo concentrarase nas sete cidades para denunciar que as pensións galegas seguen a ser as segundas máis baixas do Estado e que a suba que se efectiviza este mes “non permite recuperar o poder adquisitivo perdido cando se introduciu o IPC medio como índice de revalorización”.  

Horas e lugares das concentracións 

A Coruña: 10h, diante do INSS (Rúa Félix Estrada Catoira). 

Ourense: 11.30h, diante do INSS (Parque de San Lázaro). 

Ferrol: 12h, diante do INSS (Rúa Catalunya). 

Pontevedra: 11.30h, diante do INSS (Rúa Gagos de Mendoza). 

Vigo: 11h, diante do INSS de Coia (Rúa do Grove). 

Lugo: 11.30h, diante do INSS (Ronda Xosé Castiñeira). 

Santiago: 12h, diante do INSS (Rúa Galeras).

Ningún comentario:

Publicar un comentario