17 de xan. de 2026

A GUARDA

Convocada sesión ordinaria da Comisión Informativa de Urbanismo

 Para o xoves, 22 de xaneiro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Por resolución da alcaldía de A Guarda, vén de ser convocada sesión ordinaria da Comisión Informativa de Urbanismo para o xoves, 22 de xaneiro de 2026, ás 8:30 horas, na Casa do Concello, sita en praza do Reló, nº 5 (A Guarda).

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 24.09.2025. 

2. Expediente 1248/2024. DAR CONTA DA LICENZA DE OBRAS NÚM. 5/2025. 

3. Expediente 1433/2024. DAR CONTA DA LICENZA DE OBRAS NÚM. 6/2025.

4. Expediente 917/2025. DAR CONTA DA LICENZA DE OBRAS NÚM. 7/2025. 

5. Expediente 2521/2022. DAR CONTA DA LICENZA DE OBRAS NÚM. 8/2025. 

6. Expediente 86/2026. PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN DO USO DOTACIONAL DA PARCELA “P4-SER” DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DE “A SANGRIÑA” PARA USO DOTACIONAL DEPORTIVO. 

7. ROGOS E PREGUNTAS.

Convocada sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Económicos

 Para o xoves, 22 de xaneiro ás 09:00 horas, na Casa do Concello

  Asemade, por resolución da alcaldía de A Guarda, vén de ser convocada sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Económicos, para o xoves, día 22 de xaneiro de 2026, ás 9:00 horas, na casa do Concello.

  Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 19.11.2025. 

2. Expediente 151/2026. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN DE INCREMENTOS SALARIAIS EN VIRTUDE DO REAL DECRETO LEI 14/2025 (2,5% PARA 2025 E 1,5% PARA 2026). 

3. ROGOS E PREGUNTAS.

Convocada sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Plenarios

 Para o xoves, 22 de xaneiro ás 09:30 horas, na Casa do Concello 

 Por último, por resolución da alcaldía de A Guarda, vén de ser convocada sesión ordinaria da Comisión de Asuntos Plenarios, para o xoves, día 22 de xaneiro de 2026, ás 9:30 horas, na Casa do Concello.

  Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 19.11.2025. 

2. Expediente 3174/2025. PROPOSTA ALCALDÍA COMPATIBILIDADE ANTONIO HERNÁNDEZ CRESPO.

3. Expediente 2516/2025. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN INICIAL NOVA ORDENANZA AXUDAS EMERXENCIA SOCIAL. 

4. Expediente 10/2026. PROPOSTA ALCALDÍA DELEGACIÓN COMPETENCIAS E ADHESIÓN CONVENIO AGASP PROCESOS SELECTIVOS 2026. 

5. ROGOS E PREGUNTAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario