29 de dec. de 2025

DEPORTES

III Memorial Daniel González Adrover de fútbol gaélico

 O sábado, 3 de xaneiro, ás 10:15 horas, no Estadio  Municipal A Sangriña




Grovias Futebol Gaélico / A Guarda

 Este sábado, 3 de xaneiro, terá lugar na Guarda, no Estadio Municipal da Sangriña, o III Memorial Daniel González Adrover de fútbol gaélico, en homenaxe ao veciño da Guarda falecido no 2023 por mor dun cancro de páncreas.    

 Unha xornada onde poderemos desfrutar dun encontro entre as dúas equipas das que formou parte, Keltoi e Gróvias, e das dúas seleccións galegas absolutas, a feminina e a masculina.  

 O evento terá carácter solidario, cunha entrada a vontade, da cal todo o recadado será destinado a investigación de tratamentos contra o cancro de páncreas. Quen non poda asistir pode colaborar por transferencia na conta ES40 0128 0181 8701 0005 1594.  

 O teu sorriso sempre connosco, Dani! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario