A película “Rondallas” logra unha ovación de catro minutos na súa premiere
• A estrea en cines será o día 1 de xaneiro de 2026
Infogauda / A Guarda
Na tarde de onte, a praza Francisco Fernández del Riego, de Vigo, acolleu a presentación da película “Rondallas”, gravada en gran parte na Guarda.
A esta preestrea da nova película de Daniel Sánchez Arévalo acudiron o alcalde e concelleiros de A Guarda, atopándose con numerosos persoeiros do mundo da cultura e das rondallas.
O evento comezou cunha actuación especial de 93 rondalleiros na planta baixa do Centro Comercial Praza Elíptica, onde interpretaron temas incluídos na banda sonora do filme como “O Pisirilo”, “Quero josar” e “Wake me up” de Avicii.
No espazo para fotos, A Guarda non só estivo presente no cartel, xa que a actriz María Vázquez levou un traxe que incluía redes como homenaxe ás atadeiras guardesas.
“Agora, só faltan varias semanas ata que todos poidamos desfrutar desta película, xa que se estrea o día 1 de xaneiro en cines; mais os antecedentes non poden ser mellores porque ao final da proxección a película recibiu unha ovación de catro minutos”, afirman desde o Concello de A Guarda.
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario