#Euvoudechil organiza unha xuntanza de Nadal de coches
• O evento celebrarse durante a tarde do sábado, 20 de decembro, a partir das 15:30h, no aparcadoiro da Finca de Fínola
Infogauda / A Guarda
Na tarde do sábado 20 de decembro, a partir das 15:30 horas, o grupo #Euvoudechil organiza unha xuntanza de coches no aparcadoiro da Alameda, no espazo coñecido como Finca de Fínola.
A temática da xuntanza é o Nadal, polo que os coches irán decorados de xeito especial e estarán expostos para desfrutar destas decoracións. Haberá concursos con premios para o coche mellor decorado, lanzamento de volante, ademais doutros concursos que se irán coñecendo durante esa tarde.
O entretemento non faltará, xa que a xuntanza estará amenizada polo presentador Viruta Fría e pola música do disc-jóckey Lagarevo. Durante toda a tarde haberá bebida, bocadillos,..., e chocolate con churros a prezos populares
E tamén haberá sorteos entre o público.
O acceso é libre e gratuíto para todos os públicos.
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario