O concerto de Wondercovers, do TocaMúsica arranca as xornadas do Nadal na vila guardesa
• O concerto será o sábado, 20 de decembro, ás 12:30h na praza de Avelino Vicente
Infogauda / A Guarda
Para arrancar do mellor xeito, con estas datas de Nadal, o Concello de A Guarda recupera o concerto do grupo Wondercovers, que fora suspendido a finais de agosto pola chuvia.
E agora sí. Con renovados folgos virán os Wondercovers, trío vigués que vai ofrecer ao respectable público un concerto dinámico, entretido, e tan cheo de clásicos, que se fará moi curto.... Pink Floyd, Led Zeppelin, Lynyrd Skynyrd, Jimi Hendrix, The Beatles, The Black Crowes, The Rolling Stones, The Doors, ZZ Top, Los Rodríguez...E moitos máis!
O seu concerto traerá bo ambiente no mediodía do sábado, 20 de decembro, ás 12:30 horas, na praza de Avelino Vicente.
Este concerto pertence ao programa TocaMúsica que conta co apoio do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario