11 de nov. de 2025

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA URXENTE

• Este mércores, 12 de novembro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, martes, 11 de novembro de 2025, o alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, dispuxo que se convoque a próxima sesión do plenario da Corporación Municipal, que terá lugar este mércores, 12 de novembro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello.

 Os asuntos da convocatoria de carácter extraordinaria e urxente, son os seguintes:

1. Xustificación da urxencia.

2. Expediente 1359/2025. Proposta Alcaldía adxudicación obra reforma piscina municipal.

3. Expediente 2707/2025. Toma de coñecemento da renuncia ao cargo de concelleira presentada por dona Lucía Trigo González.

Ningún comentario:

Publicar un comentario