22 de out. de 2025

PONTEVEDRA

A Deputación presenta o libro “Cen mulleres que opinan” nun acto este sábado no Edificio Castelao no que participarán Olga Viza e Marta García Aller 

 O espazo acristalado do Edificio Castelao acollerá a partir das 12:00 horas a presentación deste libro, un encontro coa participación de Olga Viza, Marta García Aller, María Varela e María Hermida, e a estrea dun audiovisual sobre o foro As mulleres que opinan son perigosas




Infogauda / Pontevedra

 A Deputación presenta o libro "Cen mulleres que opinan" nun acto este sábado no espazo acristalado do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra ás 12:00 horas que contará coa participación de Olga Viza e Marta García Aller e no que tamén se estreará un audiovisual sobre o foro As mulleres que opinan son perigosas. Tamén con motivo das cen xornalistas que participaron neste encontro, o venres, no Teatro Principal, terá lugar o espectáculo "Señoras e señoras", a cargo das xornalistas María Guerra e María Cubells.  

 "Cen mulleres que opinan. Un diario de opinións perigosas" recolle os testemuños das cen mulleres que participaron entre os anos 2018 e 2025 no foro. Trátase dun libro cunha tirada de mil cincocentos exemplares, con ilustracións de Bea Gregores, que recolle as opinións destas cen mulleres agrupadas por temáticas: referentes e pioneiras, xornalismo e redes, opinar sendo muller, feminismo e activismo, maternidade e conciliación, ciencia e saúde e a voz das nenas. Tras estes fragmentos de opinión, o libro remata con cen páxinas en formato bullet journal -método de organización personal desarrollado por Ryder Caroll -  para que as persoas lectoras deixen aí as súas propias opinións.  

 O acto de presentación do libro contará tamén cun encontro que reunirá no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a catro xornalistas. Por unha banda, Olga Viza e Marta Garcia Aller, desde o ámbito nacional, e María Varela e María Hermida, desde o local, dous eixos que sempre formaron parte de As Mulleres que opinan son perigosas. Ademais, nesa mesma xornada estrearse a peza audiovisual que terá como protagonista ao público asistente ao encontro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario