Valentín García destaca o “valor para a lingua” do espistolario de Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero
• O secretario xeral da Lingua participa na presentación do libro ‘Correspondencia 1965-2014’, publicado pola Editorial Galaxia, e que recolle as cartas entre ambos os dous autores escritas en galego
Infogauda / Santiago de Compostela
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou hoxe “o valor que ten para a nosa lingua que dúas figuras de relevancia para a nosa cultura a utilizaran no intercambio de cartas na súa época”. Así o afirmou na presentación do libro Correspondencia 1965-2014, publicado pola Editorial Galaxia, e que recolle as epístolas que intercambiaron nesa época Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero.
Así, o representante da Xunta de Galicia fixo fincapé en que se trata “dun epistolario de gran calidade lingüística, que dá conta do compromiso dos intelectuais co idioma no seu eido privado”, puntualizando que esta publicación supón “unha maneira de fortalecer o galego”.
Ademais, o responsable de Lingua fixo referencia ao contido da correspondencia, a través da cal “podemos coñecer a visión de ambos os dous sobre distintos acontecementos e situacións vividas nese tempo”. Nesta liña tamén quixo resaltar que “o xénero epistolar precisamente está moi presente na obra de Neira Vilas, mesmo no título dalgunha delas”, lembrando que este ano se cumpre o 10º aniversario do pasamento do autor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario