21 de out. de 2025

DEPORTES

 ATLETISMO

Novos talentos da Escola de Atletismo Trega, de Tomiño, brillan no 71º Cros Internacional de Zornotza (Amorebieta) 


Foto de familia pra celebrar os logros acadados no Cros Internacional de Zornotza

Escola de Atletismo Trega /  Redacción Deportes

 A Escola de Atletismo Trega, de Tomiño, continúa demostrando o seu gran labor formativo nas disciplinas de medio fondo e fondo, con novos atletas que xa destacan en competicións internacionais. 


Podio de Sergio Silva Souto
                                                             Podio de Alba Vasconcellos Rodríguez
                                                                   Podio de Nadia Conejo Bascoy

 No prestixioso Cros Internacional de Zornotza, recoñecido coa categoría Ouro dentro do calendario ADOC (Asociación Nacional de Organizadores de Crosses), tres atletas da escola brillaron especialmente, logrando o subcampeonato nas súas respectivas categorías: 

- Sergio Silva Souto, natural de Tomiño: subcampión en categoría Sub14 masculina 

- Alba Vasconcellos Rodríguez, da Guarda: subcampioa en categoría Sub14 feminina 

- Nadia Conejo Bascoy, tamén da Guarda: subcampioa en categoría Sub12 feminina 

 Este notable inicio de tempada de campo a través completouse con excelentes actuacións do resto do equipo, que tamén mostrou un gran nivel competitivo: 

- Martín Rodríguez Castro, do Rosal: 4º clasificado (Sub12) 

- Adela Vasconcellos Rodríguez, nacida na Guarda: 7ª clasificada (Sub12) 

- Hugo Rodríguez Gómez, de Gondomar: 11º clasificado (Sub14) 

- Paula Rocha Bautista, nacida en Tomiño: 29ª clasificada (Sub18) 

 Na carreira popular masculina, o veterano Eloy Rodríguez Lorenzo, do Rosal, conseguiu un meritorio 5º posto. 

 Desde a Escola Trega valoramos moi positivamente estes resultados nun dos Croses máis esixentes do circuíto, e sentímonos orgullosos de traer para Tomiño catro podios de gran valor deportivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario