21 de out. de 2025

A GUARDA

A Guarda acolle desde hoxe, o I Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo   

Unha comitiva estará durante tres días traballando no Baixo Miño, en cooperación e estratexias comúns  


O Concello de A Guarda é o anfitrión do I Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Desde hoxe, o Concello de A Guarda é o anfitrión do I Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo, que se realizará ao longo de tres xornadas. A Rede de Cruceiros Ibéricos Fluviais Transfronteirizos (Rede CIFT) é un proxecto clave para a cooperación hispano-lusa, que conta co apoio do Programa Interreg IV España-Portugal.  

 Estas xornadas buscan traballar nun aumento do turismo fluvial, a xeración de emprego e as oportunidades económicas, a preservación e valorización do patrimonio cultural e natural, a mellora da accesibilidade e a promoción da cooperación transfronteiriza. Ademais contribúe ao desenvolvemento sostible das rexións implicadas e fortalece a colaboración entre España e Portugal no ámbito turístico.  

 O tenente alcalde da Guarda, Óscar Alonso Álvarez, destacou que “o noso concello é un emblema da conexión hispano-lusa” e que “a cooperación transfronteiriza é o motor que impulsa o desenvolvemento local sostible”.  

 A Rede CIFT engloba aos ríos Miño, Limia, Douro, Texo e Guadiana. A comitiva formada por representantes das diferentes asociacións que conforman a rede están estes días a coñecer o Baixo Miño, mentres traballan en común desde A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario