PIRAGÜISMO
OS TEIXUGOS, GAÑADORES DA IV COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM
Onte sábado, en Dumbría, as augas do río Xallas acolleron a cuarta competición das Copas Galegas de Promoción do Slálom. O club Deportivo Miño acudiu cun gran equipo formado por once deportistas, moitos dos cales repetiron participación ao competir en caiac e canoa.
En C1 Infantil feminino o podio estivo dominado polas teixugas, ouro para Leila Álvarez; prata para Nerea Álvarez; bronce para Catalina Sánchez; e cuarto posto para Beatriz Sánchez.
En K1 Infantil feminino repítese podio teixugo, Leila conseguiu o seu segundo ouro; Rita Olveira a prata;, Nerea o bronce;, Catalina cuarta; e Beatriz quinta.
En C1 infantil masculino Lois Montenegro rematou cuarto. En K1 infantil masculino Lois conseguiu a medalla de bronce; Izan Vicente foi sexto, e Leo Álvarez sétimo.
Na categoría alevín masculino, Roque Olveira acadou o ouro tanto en caiac como en canoa, dominando na categoría con moita claridade.
Na categoría benxamín solo se baixa en K1, Iria Álvarez e Brais Vicente conseguiron a prata nas categorías feminina e masculina respectivamente.
Catro medallas de ouro, catro de prata e tres de bronces son un balance impresionante para o club, pero o máis importante é que ao longo dun día nenos e nenas de toda Galicia viviron unha xornada de deporte, deportividade, superación, amizade e convivencia.
Na clasificación xeral por clubs o Deportivo Miño-Teixugos foi o gañador da proba cun total de 295 puntos, compartindo podio co Penedo-Te Importa, de Tui, que foi segundo con 192 puntos; e o Montaña Quixós, de Monforte, que con 179 puntos, foi terceiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario