VENTO MAREIRO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO SERÁN DA GUÍA
• Celebrarase o sábado día 30 de agosto, ás 21:30 horas, na praza da Guía
Ricardo Rodríguez Vicente / Ribadavila (A Guarda)
A asociación folclórica Vento Mareiro, de A Guarda, organiza unha nova edición do Serán da Guía. Será o sábado día 30 de agosto, a partires das 21:30 horas, na praza da Guía.
A ese evento está convidada toda á cidadanía, para gozar da música e o baile tradicionais, e ter unha boa festa popular.
Ainda que no cartel figuran Vento Mareiro e a Murga Airiños do Cereixo, no Serán da Guía poderán participar todas as persoas que así o desexen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario