18 de ago. de 2025

A GUARDA

O Mercado Reviravolta debutará no Monte Santa Trega  

No campo de Chans Novo, este sábado, 23 de agosto, desde ás 10:00 ata ás 21:30 horas 




 Infogauda / A Guarda 

 Organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda, coa colaboración do Concello de A Guarda e de Acanor; este sábado estréase en Chans Novo (Monte Santa Trega), o Mercado Reviravolta, que promete ser un punto de encontro cultural e comunitario.  

 Durante toda a xornada, máis de 50 postos ofrecerán produtos de segunda man, téxtil, cerámica, artesanía... Mais non só se limita ao comercial, se non que tamén haberá un programa variado de actividades.  

 O Reviravolta permitirá coñecer a súa contorna cunhas visitas para descubrir os atallos do Trega e achegarse ao poboado castrexo. Ademais ofreceranse obradoiros de cianotipia, xabóns, pulseiras, acuarelas, aneis,...  

 E tampouco faltarán as actuacións, coa Treboada dos Xidos, a cantautora Palito, o recital poético de Francisco Álvarez (Koki) e o rock & blues de Antonio Tato. Durante todo o día, Rhtythmandbeer ambientará este evento que rematará cunha foliada popular na que todas as persoas participantes están invitadas a participar.  

 O Mercado contará tamén con cantina e espacio gastronómico con produtos locais, fomentando o consumo de proximidade e sostibilidade.  

 “Trátase dun evento onde todo xira arredor da sostibilidade e da economía circular, pero tamén é un evento completo con postos, obradoiros, actuacións, visitas...” declara o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero.   

 O Mercado Reviravolta: o Feirón do Trega dará comezo este sábado 23 de agosto ás 10:00h e ten como hora de fin ás 21:30h no campo de Chans Novo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario