A Guarda pide colaboración para a boa xestión dos residuos
• A correcta reciclaxe é clave para lograr unha boa xestión dos refugallos
Infogauda / A Guarda
Na tarde deste venres, día 1 de agosto, o Concello de A Guarda fixo público o seguinte aviso:
Desde o Concello da Guarda queremos lembrar a colaboración de todos e todas para a xestión de residuos urbanos.
• O lixo debe depositarse sempre nos contedores correspondentes e nunca fóra deles.
• As bolsas estean ben pechadas e non pinguen líquidos.
• O cartón debe ir en anacos nos contedores de papel e cartón para aproveitar o seu espazo.
• Respectar os horarios para o depósito de residuos: desde as 21:00h de abril a setembro, e desde as 19:00h de outubro a marzo. Ademais o vidro só poderá ser depositado de 8:00 a 22:00h.
Con estas medidas evítanse, na medida do posible, cheiros e dispersión do lixo por culpa do vento ou animais. Deste xeito, A Guarda mantense limpa e hixiénica, tanto para os veciños como para os numerosos visitantes que recibimos, especialmente na tempada estival.
Lembramos que o incumprimento destas normas poderá dar lugar á imposición de sancións económicas, segundo o recollido no regulamento de limpeza pública e recollida de lixo municipal que se pode consultar na web do concello.
A colaboración de todos e todas é imprescindible para garantir unha imaxe coidada do noso concello. Contamos co seu compromiso e responsabilidade para manter A Guarda limpa e agradable para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario