A Roda, este sábado no Festival de Verán de Viladesuso
Infogauda / Oia
Viladesuso acollerá este sábado 5 de xullo o seu tradicional Festival de Verán, un evento musical que une gastronomía e música tradicional co obxectivo de fomentar e poñer en valor a cultura galega. Este ano o evento contará coa participación da recoñecida formación musical A Roda, que dará un concerto a partir das 20.30 horas, na área de lecer do Cabezo.
A programación incluirá unha variada proposta musical, con presenza dun dos grandes grupos da música tradicional galega, A Roda, que leva 47 anos nos escenarios. A continuación tocará o grupo Dr Slump, que animará a celebración coas súas versións de éxitos do pop, rock e disco dos 80, 90 e 2000, mentres que o coñecido DJ Diego Wass será o protagonista do fin de festa. Durante o evento haberá cantina con bocadillos quentes a prezos populares.
O Festival de Verán é unha iniciativa organizada pola Asociación Cultural Pándega que conta coa colaboración de diversas entidades; entre elas o Concello de Oia, Deputación de Pontevedra (Máis Música), Xunta de Galicia, Protección Civil do Rosal, Asociación de Veciños de Viladesuso e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario