3 de xul. de 2025

O ROSAL

O Rosal presenta a Feira do Viño máis dinámica, sostible e segura, un evento que promete xerar comunidade e combinar tradición, gastronomía e cultura

• Do 18 ao 20 de xullo, a praza do Calvario acollerá este evento que se presenta cun programa espectacular de actividades, co viño como fío condutor  


A alcaldesa do Rosal e o concelleiro de Turismo co presidente e membros da Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal, na presentación da  XXXIII Feira do Viño

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Rosal abriu hoxe as portas á súa XXXIII Feira do Viño, unha das festas máis agardadas e sentidas do verán do Baixo Miño. Dende hai anos, está consolidada como unha celebración que transcende o ámbito vitivinícola e que se converteu nun espazo de participación colectiva que se sente como un símbolo de identidade do municipio.  

 O Lagar nas Eiras acolleu esta mañá a presentación oficial, onde estiveron presentes a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís; o presidente da Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal, Carlos Gómez; o concelleiro de Turismo, José Carlos Martínez Crespo; e o conxunto de adegueiros que conforman as 9 adegas participantes da DO Rías Baixas. 

 Este acto foi o pistoletazo de saída dunha nova edición que se celebrará do 18 ao 20 de xullo no centro do municipio e que chega cun formato renovado, que buscará converter a experiencia dos visitantes en algo inesquecible. O viño será o fío condutor dunha programación de actividades, que “constitúe a Feira do Viño máis dinámica, con todo tipo de lecer, mesturando tradición, gastronomía e cultura”, como salientou a alcaldesa. 

 “Nestes últimos anos desde o Concello consolidamos un proxecto de Feira cunha programación de calidade cada vez máis diversa e dirixida a todas as idades que marida á perfección coa calidade do noso viño da man da Asociación de Cabaqueiros do Viño do Rosal. Queremos que este evento sexa un espazo de encontro de amizades e familiar con todo tipo de actividades. Ademais, este ano damos un paso importante no compromiso coa sostibilidade, converténdonos en Festa de interese sostible.  Tamén coa seguridade da Feira, reforzando a liña de autobuses circulares polo Rosal e con toda a comarca”, afirmou.  

 Unha novidade importante é salientar que este evento será tamén unha mostra do compromiso do Concello e da veciñanza rosaleira co respecto pola nosa contorna, acreditando a Feira como Festa de Interese Sostible. Entre outras medidas, poñeranse a disposición dos asistentes vasos reutilizables, con fin de vivir unha festa chea de vida, pero tamén de coidado do noso medio ambiente.  

 Ademais será unha Feira segura. O Concello reforza o servizo de autobuses dentro do municipio e dende outros puntos da comarca, co fin de evitar os desprazamentos en vehículo propio.

 A apertura oficial da feira chegará o 18 de xullo, ás 13:30h, cun acto institucional da man de Ziyang Zhang, asesor vitivinícola da Embaixada de China en España e pregoeiro deste evento. Co seu coñecemento espectacular na materia, guiará aos asistentes nunha cata que tratará de descubrir os aromas e matices dos viños da zona. Unha figura que puxo en valor Carlos Gómez. 

 “Trátase dun home cunha dilatada experiencia en todo o relacionado co viño. É asesor do sector vitivinícola da embaixada chinesa en España, director da Escola de Cata da Guía Peñín, en China, catador e formador. A súa traxectoria internacional avala que estamos ante un pregoeiro á altura do evento que se vai celebrar no Rosal”, declarou. 

 Dentro do programa haberá outras actividades relacionadas directamente co viño. Terán lugar catas populares comentadas da man da prestixiosa Galicia Wine Academy e poderase descubrir a arte da análise sensorial do viño e os seus compoñentes. Por outra banda, celebraranse visitas guiadas que conectarán directamente co pasado e a historia do Rosal, como á igrexa de Santa Mariña, na que celebramos 300 anos de existencia da xoia do noso retablo barroco, ou ao Museo do Cabaqueiro, onde se pode respirar o legado dos homes e mulleres que construíron a historia do municipio.  

 Esta XXXIII edición da Feira do Viño terá tamén un marcado carácter cultural. O Rosal vibrará coa mellor música, con concertos de diferentes estilos, combinados con esas sesións vermús que levan a toda veciñanza á rúa para xerar comunidade. Non se pode esquecer o papel clave da gastronomía, que se verá representada nos días da Feira con espazos onde saborear unha espectacular combinación entre as receitas tradicionais e as propostas máis atrevidas, co fin de poñer en valor a comida local.  

 Tamén terán o seu lugar máxico os máis pequenos e pequenas. Como o ano pasado, os nenos e nenas poderán desfrutar de espectáculos, obradoiros creativos e mesmo dunha nova edición do xogo de escape “Segredos entre barricas” permitiranos gozar dunha xincana de probas e retos a resolver en familia e amizades de todas as idades.  

 O talento e a arte local brillarán tamén coas exposicións de Berto Franco, con debuxos do Rosal en tinta chinesa, e de Ramón González, coas súas maquetas arquitectónicas. Non fallará a tradicional exposición do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal. Nesta ocasión o selo homenaxeará á histórica U.D. Ribera polo seu 75 aniversario.  

 Todas as actividades que requiren inscrición previa, como poderían ser catas, obradoiros ou o xogo de escape, xa teñen o prazo aberto. As prazas son limitadas, polo que compre acceder aos formularios de inscrición dende as redes sociais do concello, da feira, dende a páxina web municipal.  

 


PROGRAMA 18 | 19 | 20 xullo 

VENRES 18 de xullo 

11.30 h  Cata comentada de viños do Rosal a cargo de Ziyang Zhang (inscrición previa) 

13.30 h Inauguración e pregón da feira a cargo de  Ziyang Zhang (director da Guía Peñín, en China) e apertura de casetas.  

18.30 h Presentación e inicio do xogo de escape Segredos entre barricas 

23.30 h Concerto: La Patrulla 

02.00 h Peche da feira 

SÁBADO 19 de xullo 

11.30 h Apertura das casetas 

12.30 h Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición previa) 

13.30 h Concerto: Os Bregadiers  

19.00 h Espectáculo infantil/familiar: O tranvía Leonardo  

20.00 h Pasacalles: Batucada Lenha Verde  

23.30 h Concerto: Meigallo   

02.00 h Peche da feira 

DOMINGO 20 de xullo 

11.00 h Visita guiada ao retablo da igrexa de Santa Mariña e Museo do Cabaqueiro 

11.30 h Apertura das casetas 

12.00 h Obradoiro de cociña infantil a cargo de Isaac Míguez (inscrición previa) 

12.30 h Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición previa)  

12.30 h Pasacalles: Grupo de Gaitas Airiños do Folón 

13.30 h Concerto: Famous Corner   

18.30 h Espectáculo infantil/familiar: Pepiña Maruxiña quere voar 

20.00 h Concerto: Andhrea and the Black Cats  

00.00 h Peche da feira 

EXPOSICIÓNS 

Do 18 ao 20 de xullo: Sala de exposicións do Concello do Rosal 

De 11.00 a 14.00 h - 18.00 a 22.00 h 

Exposición Debuxos do Rosal en tinta chinesa, de Berto Franco 

Exposición  Arquitectura en poliexpan, de Ramón González 

XXX Mostra Filatélica, a cargo do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal  

MUSEO DO CABAQUEIRO:  

De 11.30 a 14.00 h - 18.00 a 20.00 h 

AUTOBUSES 

Prezo: 2,5€ para as rutas circulares do Rosal     

3€ para as circulares polo resto da comarca 

CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL 

San Xian | Portecelo | A Guarda | Pancenteo 

Marzán | Novás | Fornelos | O Calvario 

CIRCULAR TUI - TOMIÑO - O ROSAL 

Tui | Goián | Tomiño | As Eiras | Tabagón San Miguel | Pías | A Cumieira | O Calvario 

VENRES 18 de xullo 

CIRCULAR SAN XIÁN - A GUARDA - O ROSAL 

Saída San Xián – O Rosal 

21.00 h | 22.30 h | 0.00 h | 01.30 h  

Saída O Rosal – San Xián 

21.45 h | 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h 

CIRCULAR TUI - TOMIÑO - O ROSAL 

Saída Tui - Tomiño - O Rosal 

20.45 h | 22.15 h | 00.30 h 

Saída O Rosal - Tomiño - Tui 

21.30 h | 23.45 h | 01.15 h   

SÁBADO 19 de xullo 

CIRCULAR SAN XIÁN-O ROSAL 

Saída San Xián - O Rosal 

19.30 h | 20.15 h | 21.00 h | 21.30 h | 22.30 h | 00.00 h | 01.30 h 

Saída O Rosal - San Xián 

20.15 h | 21.45 h | 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h | 2.45 h | 03.00 h | 03.15 h 

CIRCULAR TUI - TOMIÑO - O ROSAL 

Saída Tui-Tomiño - O Rosal 

18.30 h | 20.45 h | 00.30 h  

Saída O Rosal-Tomiño-Tui 20.00 h | 23.45 h | 01.15 h 

DOMINGO 20 de xullo 

CIRCULAR SAN XIÁN - O ROSAL  

Saída San Xián - O Rosal 

19.30 h | 20.30 h | 21.30 h  

Saída O Rosal – San Xián 

22.15 h | 23.00 h  

CIRCULAR TUI - TOMIÑO - O ROSAL 

Saída Tui-Tomiño - O Rosal 19.00 h  

Saída O Rosal - Tomiño - Tui 22.30 h    

ADEGAS PARTICIPANTES 

• Adegas Valmiñor, Adegas Novás, Altos de Torona, Lagar de Pedregales, Lagar de Fornelos, O Aforado, Quinta de Couselo, Santiago Ruiz, Terras Gauda  

• Conservas A Rosaleira

Ningún comentario:

Publicar un comentario