13 de xul. de 2025

A GUARDA

FILATELIA

A XXIX edición da Exfimiño 2025 celebrarase do 24 ao 27 de xullo de 2025 na Casa do Concello de A Guarda

 A inauguración terá lugar o xoves, 24 de xullo, ás 20:00 horas, no salón de plenos do Concello





Infogauda / A Guarda 

 Do 24 ao 27 de xullo de 2025, a Casa do Concello de A Guarda acollerá a XXIX edición da Exfimiño 2025. 

 A inauguración terá lugar o xoves 24 de xullo ás 20:00 horas, no salón de plenos do Concello, marcando o inicio de catro días dedicados á filatelia e ao coleccionismo. 

 O horario de visitas será de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00. 

 Ademais de destacadas coleccións filatélicas de toda Galicia tamén se poderán observar coleccións de moedas, recordatorios de comuñón e llaveros. 

 Para a ocasión presentarase un selo e un cuño postal conmemorativo en honra do pintor guardés Manuel Ángel Álvarez, con motivo de CLXX aniversario de seu nacemento.

  A exposición organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa conta coa colaboración do Concello de A Guarda e da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI).

Ningún comentario:

Publicar un comentario