MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Esta mañá, na Subdelegación do Goberno de Pontevedra, gardouse un minuto de silencio, en protesta polas últimas vítimas de violencia machista
Foto: S. do G.
Infogauda / Pontevedra
Esta mañá, ás 12.00 horas, na Subdelegación do Goberno de Pontevedra, gardouse un minuto de silencio, en protesta polas últimas vítimas de violencia machista confirmadas pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.
O acto foi presidido pola secretaria da Subdelegación, María Isabel Alonso, ao encontrarse o subdelegado, Abel Losada, na Xunta Local de Seguridade de Baiona.
Asistiron representantes políticos do Concello de Pontevedra, da delegación da Xunta, membros das Forzas e Corpos de Seguridade e persoal da Subdelegación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario