7 de xuño de 2025

DEPORTES

XORNADA DE INICIACIÓN AO FÚTBOL GAÉLICO NA GUARDA

 Desta vez será no campo da Sangriña (A Guarda), o venres 13, de 20:00 a 22:00 horas




Gróvias Futebol Gaélico / A Guarda

 A equipa feminina de Gróvias levará a cabo unha nova xornada para dar a coñecer o fútbol gaélico entre as mulleres do Baixo Miño. Desta vez será no campo da Sangriña (A Guarda), o venres 13 de 20:00 a 22:00 horas. Ao remate terá lugar un terceiro tempo de confraternización.

 O fútbol gaélico é un deporte de balón orixinario da Irlanda caracterizado polo uso tanto dos pés como das mans para mover a bola e conseguir anotar. Aínda que de recente implantación no noso país, en Irlanda é o deporte máis popular e con máis licencias federativas.  

 Se te gusta facer deporte en grupo agardámoste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario