Novo éxito de Música e Palabras
• Ainda que onte concluiu a temporada 2024/2025, o evento voltará no vindeiro mes de outubro
José Fernando Martínez Martínez / Campsoancos
Na tardiña de onte, venres, 6 de xuño, na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, celebrouse unha nova edición de Música e Palabras, correspondente a temporada de inverno/primavera.
Presentou Juan Carlos González González "Berna".
A música e a voz, como vén sendo habitual, estivo a cargo de María José Baz Martínez, que abrillantou o evento.
Subiron ao estrado para recitar poemas propios e de autor: Eduardo Pereira, Antonio Rodríguez, Malula Cendón, Manuela Villaverde e María José Alonso.
A nota sorprendente puxérona un grupo de comuneiros: María José Alonso, Antonio Rodríguez e Mario Baró, que dirixidos por Juan Carlos González "Berna", representaron unha parodia, en clave satírica, dun coñecido programa televisivo de citas, conseguindo colleitar os sorrisos do público que os premiou con largos aplausos.
Rematamos o evento cunha convivencia, tomando un viño e petiscos.
Foi un éxito de asistencia, cada día somos mais.
Agora, ata outubro, descansaremos, colleremos folgos e idearemos novas actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario