16 de xuño de 2025

A GUARDA

Sentindo emocións: novo cantacontos, con Tania Justo 

  Este sábado, 21 de xuño, ás 12:00h, na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda vai acoller este sábado, 21 de xuño, ás 12:00h, un cantacontos para pechar este curso que estivo chea de actividades na Biblioteca.  

 Esta vez, Tania Justo trae un cantacontos infantil baseado no libro ‘O monstro de cores’ no que coñecemos as emocións básicas como a alegría, tristeza, ira, medo e a calma.  

 A través dos diferentes sentidos como son a vista, o tacto e o oído, irán descubrindo estas emocións e sempre sempre acompañadas de música... Quen concibe as emocións sen música?  

 “Os contacontos son unha actividade moi importante, xa que fomenta a lectura entre os máis pequenos - declara o alcalde Roberto José Álvarez Carrero -, mais este cantacontos, polas datas, tamén recorda a importancia de manter o hábito de lectura durante o verán”.  

 O contacontos - que está recomendado para nenos e nenas a partir dos 3 anos -, súmase aos que se levan realizando durante o ano, como “Os contos do gato”“Xuntos ata a Lúa e máis alá” ou o contacontos sensorial para bebés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario