Máis de 20 persoas, unha tarde de traballo e moitas ganas de coidar o monte
• Limparon 4.500m2 no Souto da Bouza, no Monte Santa Trega
Redacción / A Guarda
A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais ebn Man Común de A Guarda fixo público que o sábado, día 14 de xuño, "grazas ao traballo voluntario de comuneiras, amigas e familiares, limpamos 4.500 m² no Souto da Bouza, no Monte Santa Trega, retirando acacias e abrindo camiño para facilitar a recolleita de castañas no vindeiro outono, e poder desfrutar dunha das parcelas máis fermosas que ten esta comunidade de montes.
Grazas a todas as mans que fixeron isto posible. O monte coidámolo e desfrutámolo entre todas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario