Abre a inscrición do VIII Torneo 3x3 de baloncesto Vila da Guarda
• Celebrarase o sábado 26 de xullo, no Centro Cultural
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O vindeiro 26 de xullo, o Centro Cultural de A Guarda converterase no epicentro do baloncesto e do hip hop, no sur de Pontevedra coa celebración do VIII Torneo 3x3 Vila da Guarda.
Este evento, dirixido a mocidade deportista e amante da cultura urbana, combina competición, música e bo ambiente, nun día completo cheo de actividades para todos os públicos, con moitas sorpresas.
“É un torneo que cada vez vai crecendo máis, con novas ideas e que xa se estende máis alá do baloncesto con novas actividades enfocadas na cultura urbana”, resalta o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero.
As inscricións para os equipos estarán abertas ata o 20 de xullo, co límite de 12 equipos, compostos por 4 ou 5 participantes. A idade mínima para participar é de 16 anos (2009 ou antes). O prezo de inscrición é de 60€ por equipo e inclúe seguro de accidentes, camiseta oficial do torneo, bidón do club, bebida, froita, acceso aos sorteos e algunha sorpresa máis.
Haberá múltiples premios: MVP, mellor triplista, equipos gañadores...
A xornada comezará ás 09:30h coa liga regular, con partidos de 10 minutos, ata as 12:30h, cando comezará unha sesión vermú a cargo de Songodin’s & Stewart para xogadores e público xeral.
Xa durante a tarde celebrarse o concurso de triplas e continuarase co torneo. Esta edición, como novidade, desfrutaremos da Batalla do Jaliñeiro, unha competición de estilo libre con Hermy-Tanho como mestre de cerimonias. Dará comezo ás 19:00h, podendo inscribirse ata media hora antes.
E desde entón a música non dará tregua, coa segunda edición de “Hip & Hoops” e as actuacións de JOEMC e o grupo MKP Crew. Os encargados de pór fin a esta xornada serán Som Afrokinki Crew, DJ Karree e DJ Prvden.
Ningún comentario:
Publicar un comentario