30 de xuño de 2025

A GUARDA

A Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda renova a súa xunta directiva

   Unha nova etapa chea de ilusión, compromiso e feminismo, con Fátima Rodríguez como presidenta   


Nova xunta directiva da Asociación Mulleres Progresistas da Guarda
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda

 A Asociación Mulleres Progresistas da Guarda inicia unha nova etapa coa constitución da súa nova xunta directiva, formada por mulleres comprometidas co avance social, a igualdade e a dinamización da vida cultural do municipio.  

 Fátima Rodríguez asume a presidencia da entidade, acompañada por Nair Alonso no cargo de vicepresidenta. Bárbara Domínguez exercerá como secretaria, mentres que Cintia Lomba será a nova tesoureira da asociación.  

 Todas elas asumen os seus cargos con responsabilidade e moita ilusión, co firme propósito de contribuír activamente á vida cultural de A Guarda dende o asociacionismo feminista. Entre os obxectivos da nova directiva destacan a organización de charlas, encontros e actividades dirixidas ás mulleres guardesas, creando espazos de encontro, reflexión e empoderamento.  

 O feminismo será a seña de identidade desta nova etapa, que se presenta como unha oportunidade para fortalecer os lazos comunitarios e impulsar unha sociedade máis xusta e igualitaria.  

 A Asociación Mulleres Progresistas da Guarda anima a todas as mulleres do municipio a participar nas súas actividades e a formar parte deste proxecto común.

Ningún comentario:

Publicar un comentario