5 de xuño de 2025

A GUARDA

Uns 200 nenos e nenas participarán no XXIV Torneo de Xadrez Concello da Guarda

 Que este sábado, 7 de xuño, desde ás 10:30 h., no pavillón do CEIP As Solanas, reunirá as categorías desde Sub-8 ata Sub-14 


O alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, con Miguel Reboredo Otero, presidente do club de xadrez Albatros, e Celso Rodríguez Fariñas, concellerio de Cultura e Deportes, na presentación do XXIV Torneo de Xadrez Concello de A Guarda

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 Este sábado, 7 de xuño, desde ás 10:30 horas - para comprobación das listas de participantes -, máis de 200 nenos e nenas cítanse no pavillón do CEIP As Solanas para competir no XXIV Torneo de Xadrez Concello de A Guarda.  

 O Concello de A Guarda e o club de xadrez Albatros organizan este evento que xa é un clásico nestas datas de fin de curso, onde reúne aos xogadores máis pequenos (Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14).  

 A competición dará comezo este sábado 7 de xuño ás 11:00h e mostra a gran afección e interese polo xadrez na Guarda. O presidente do club de xadrez Albatros, Miguel Reboredo Otero conta que o club ten 98 xogadores federados e que só desde o 2020 “duplicamos os nenos e nenas do club”.  

 O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, asegura que “este torneo é unha demostración de que os nenos e nenas non só lles interesan os deportes máis físicos, senón que tamén aqueles que lles plantexan retos mentais e estratexias como o xadrez”.  

Trinta anos do club de xadrez Albatros 

 O club de xadrez Albatros naceu na Guarda en 1995, adoptando o nome dunha cafetería local daquela época. Aínda que nos comezos o club non era moi grande, agora conta con 98 xogadores, dos cales o 20% son nenas. O club conta cun equipo en Preferente - a segunda categoría de maior rango en Galicia tras a División de Honra - e, ademais, conta con dous equipos filiais en Segunda e outro en Terceira, centrado no eido formativo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario