13 de xuño de 2025

A GUARDA

CONVOCATORIA EN SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

  Concentración o luns, 16 de xuño, ás 20:00h, na praza Avelino Vicente 



Colectivo de Solidariedade con Palestina do Baixo Miño

 O Colectivo de Solidariedade con Palestina do Baixo Miño chama a cidadanía a saír ás rúas novamente para denunciar o xenocidio que comete Israel coa colaboración dos Estados Unidos e da Unión Europea. 

 Será o luns, 16 de xuño, ás 20:00h, na praza Avelino Vicente, da Guarda. Máis de 35 localidades galegas participarán desta nova xornada de mobilización. 

 Apoiamos a Marcha global a Gaza deste fin de semana, da que participa unha columna galega e solidarizámonos coa Flotilla da Liberdade, atacada nos últimos días por Israel. 

 Realizaremos una cadea humana até o porto da Guarda, onde deixaremos 77 flores vermellas simbolizando 77 anos de ocupación e terrorismo sionista en terra palestina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario