12 de xuño de 2025

A GUARDA

AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2025 XA TEÑEN CARTEL ANUNCIADOR

•  Celebraranse do 4 ao 11 de agosto, na vila de A Guarda




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 No día de hoxe, a Comisión das Festas do Monte Santa Trega, fixo público o cartel da edición deste 2025. A potente imaxe, da autoría do fotógrafo Arturo Martínez González, de A Guarda, tirada desde o xacemento castrexo do Monte Santa Trega, amosa un magnífico abrente; o esteiro do río Miño; a ribeira do veciño Portugal; e en primeiro termo, unha das vivendas do conxunto arqueolóxico, histórico, monumental e paisaxístico, máis visitado do noroeste peninsular. 

 "Pra min é un orgullo que unha fotografía miña fora elexida como cartel,  e soio me queda dar as grazas e disfrutade das Festas, os que nos visiten eses días, e os que estamos eiquí. E disfrutade deses fermosos amenceres como eu, que son únicos", dixo Arturo Martínez nunha rede social.

 As Festas do Monte Santa Trega - declaradas de Interese Turístico de Galicia - celebraranse na vila de A Guarda, do 4 ao 11 de agosto próximo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario