Costa da Morte, historia dun naufraxio
• Éxito na estrea na vila de A Guarda, da nova obra de Mariña Lestón
Infogauda / A Guarda
Na tarde de onte xoves, o Centro Cultural de A Guarda acolleu a estrea do novo proxecto teatral de Mariña Lestón: Costa da Morte, historia dun naufraxio.
Ao remate da función, o público posto en pé, aplaudiu ao longo de varios minutos, o labor realizado pola actriz, así como polo equipo técnico da obra, que comezou onte na Guarda a súa xira por Galicia.
A obra centrouse sobre a vida no mar, ou máis ben, a dureza da vida en terra para as familias que viven os naufraxios, das cales, son tamén vítimas. A través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo, a obra transportou aos asistentes a esas vidas truncadas pola dureza do mar.
Historias sobre naufraxios na Costa da Morte coas que poder viaxar na memoria do tempo e das persoas, lembrando ás persoas que hoxe xa non nos poden acompañar, e poñendo en valor tamén, os que quedaron en terra: as viúvas, os orfos, as persoas que socorren... Para que as súas historias non caian no esquecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario